Volta a Turquía
Tipo | carreira por etapas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Localización e Datas | |
Localización | Turquía 39°N 36°L / 39, 36Coordenadas: 39°N 36°L / 39, 36 |
Vixencia | 1965 – |
Calendario da tempada | abril – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | tourofturkey.org.tr |
A Volta a Turquía (en turco: Cumhurbaşkanlığı Bisiklet Turu) é unha volta ciclista por etapas que se disputa en Turquía todos os anos. Conta con categoría 2.HC do UCI Europe Tour dende o 2010, aínda que anteriormente contou con outros coeficientes. Dende o 2006, tivo categoría 2.2 mentres que entre o 2008 e o 2010 contou con coeficiente 2.1.
Dispútase dende o ano 2002, aínda que dende 1967 xa se levaban disputando outras edicións illadas. A primeira edición foi afeccionada mentres que as dúas seguintes xa foron da máxima categoría afeccionada, a 2.6. e logo de 2.5 (última gategoría profesional). Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI sempre formou parte do circuíto europeo, aínda que non sempre co mesmo coeficiente.
Realízase en oito etapas, aínda que nalgunhas ocasións a primeira é un prólogo ou unha carreira de exhibición. Normalmente, saía de Istambul e acababa en Alanya, porén dende a edición de 2012 vense facendo ao revés, con inicio en Alanya e chegada en Istambul.
O único ciclista con dúas vitorias é o iraniano Ghader Mizbani. O actual campión é o portugués José Gonçalves.
Clasificacións
[editar | editar a fonte]Dende o 2016, as clasificacións que se disputan son as seguintes:
Maillot azul. Vestido polo líder da clasificación xeral.
Maillot branco. Vestido polo mellor na clasificación de Belezas de Turquía.
Maillot vermello. Vestido polo líder da montaña.
Maillot verde. Vestido polo primeiro nos puntos.
Gañadores
[editar | editar a fonte]Lista de gañadores dende o ano 2002.
Ano | Gañador | Equipo |
---|---|---|
2002 | Telekom Malaysia Cycling Team | |
2003 | ||
2004 | Giant Asia Racing Team | |
2005 | Cycling Club Bourgas | |
2006 | Brisaspor | |
2007 | Velo-M-Hemus-Makedonya | |
2008 | Karpin Galicia | |
2009 | Barloworld | |
2010 | ISD-Neri | |
2011 | Team Type 1–Sanofi Aventis | |
2012 | Astana) | |
2013 | Team Europcar | |
2014 | Orica-GreenEDGE | |
2015 | Lampre-Merida | |
2016 | Caja Rural-Seguros RGA |
Vitorias por países
[editar | editar a fonte]Lista de vitorias por países dende o 2002.
País | Vitorias |
---|---|
3 | |
2 | |
1 | |