Tour de Francia 2012
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI World Tour 2012 |
Distancia do evento | 3.494,4 km |
Lugar de saída | Liexa |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 198, inicio 153, final |
Participantes | |
2012 AG2R La Mondiale (en) | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Bélxica e Suíza |
Intervalo de tempo | 30 de xuño de 2012 – 22 de xullo de 2012 |
Número de edición | 99 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Bradley Wiggins |
Segundo da clasificación xeral | Christopher Froome |
Terceiro da clasificación xeral | Vincenzo Nibali |
Gañador da clasificación por puntos | Peter Sagan |
Gañador da clasificación da montaña | Thomas Voeckler |
Vencedor da classificação dos jovens | Tejay van Garderen |
Winner of the most combative rider | Chris Anker Sørensen |
Vencedora da classificação por equipas | RadioShack-Nissan 2012 |
| |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.fr… |
O Tour de Francia 2012 foi a 99ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 30 de xuño na cidade belga de Liexa e rematou o 22 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).
A carreira presentou as ausencias salientables de Alberto Contador (sancionado pola UCI por dopaxe) e Andy Schleck (cunha fractura no óso sacro). Ningún ciclista galego participou nesta edición.
O autraliano Cadel Evans presentábase na carreira coa misión de defender a vitoria acadada na edición 2011, pero non foi quen de conseguilo. O británico Bradley Wiggins acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando con autoridade as dúas contra o reloxo longas, e axudado por un potente equipo, o Sky, no que tamén salientou Chris Froome, que rematou a carreira no segundo posto da clasificación xeral. Terceiro foi o italiano Vincenzo Nibali.
Equipos participantes[editar | editar a fonte]
Equipo | Cód.UCI | Categoría | Xefe de filas |
---|---|---|---|
BMC | UCI ProTour | ||
RSN | UCI ProTour | ||
EUC | Prof.Continental | ||
EUS | UCI ProTour | ||
LAM | UCI ProTour | ||
LIQ | UCI ProTour | ||
GRM | UCI ProTour | ||
ALM | UCI ProTour | ||
COF | Prof.Continental | ||
SAU | Prof.Continental | ||
SKY | UCI ProTour | ||
LOT | UCI ProTour | ||
LEO | UCI ProTour | ||
KAT | UCI ProTour | ||
FDJ | UCI ProTour | ||
RAB | UCI ProTour | ||
MOV | UCI ProTour | ||
SAX | UCI ProTour | ||
AST | UCI ProTour | ||
OQS | UCI ProTour | ||
OGE | UCI ProTour | ||
VCD | Prof.Continental |
Etapas[editar | editar a fonte]
Clasificación xeral[editar | editar a fonte]
A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2012:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Sky Procycling | 87h 34' 47" | ||
2 | Sky Procycling | + 3' 21" | |
3 | Liquigas-Cannondale | + 6' 19" | |
4 | Lotto-Belisol | + 10' 15" | |
5 | BMC Racing Team | + 11' 04" | |
6 | RadioShack-Nissan | + 15' 41" | |
7 | BMC Racing Team | + 15' 49" | |
8 | Team Europcar | + 16' 26" | |
9 | Pro Team Astana | + 16' 33" | |
10 | FDJ | + 17' 17" |
37 corredores non puideron rematar a carreira, a maioría deles por mor das caídas. Entre os malpocados mais salientables estiveron o canadense Ryder Hesjedal, quen viña de vencer no Giro de Italia 2012; o asturiano Samuel Sánchez, candidato ó podio de París; e o triplo campión do mundo Óscar Freire, con 3 costelas rotas e un pulmón perforado. Por outra banda, o luxemburgués Frank Schleck retirouse da carreira despois de coñecerse que dera positivo nun dos controis antidopaxe.