O Rugby Calvisano é un club de rugbyitaliano da localidade de Calvisano, na Provincia de Brescia (Lombardía). O club foi fundado en 1970 por un grupo de xogadores encabezados por Tonino Montanari, Gianluigi Vaccari e Alfredo Gavazzi. En 1992 o club pasouse a denominar Rugby Calvisano Srl. Actualmente compite na Serie A, a segunda categoría do rugby italiano.
O Calvisano foi fundado por un grupo de xogadores en 1970, en 1992 o club pasouse a denominar Rugby Calvisano Srl. A primeira clasificación do club para disputar unha competición europea foi na tempada 1999-00, cando competiron na European Challenge Cup, xogando un total de seis partidos, mais sen chegar a gañar ningún. Clasificouse por primeira vez para disputar a Heineken Cup na tempada 2001-02.
En 2005 gañáronlle ao Benetton Treviso por 25-20 en Padua para gañar o seu primeiro campionato. Anteriormente chegaran a disputar a final en catro ocasións, perdendo en todas. O equipo foi forzado a abandonar o Super 10 na tempada 2009-10 para competir na Serie A.