Marina (novela)
Aparencia
Marina | |
---|---|
Título orixinal | Marina |
Autor/a | Carlos Ruiz Zafón |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Romance |
Editorial | Editorial Edebé |
Data de pub. | 1999 |
Páxinas | 303 |
ISBN | ISBN 978-2221116524 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Marina é unha novela fantástica en lingua castelá de Carlos Ruiz Zafón, ambientada na segunda metade do século XX na cidade de Barcelona. Foi publicada en 1999 pola Editorial Edebé.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Na Barcelona de 1980 Óscar Drai soña esperto, abraiado polos palacetes modernistas preto do internado no que estuda. Nunha das súas escapadas coñece a Marina, unha rapaza audaz que comparte con Óscar a aventura de mergullarse nun enigma do pasado da cidade. Un misterioso personaxe da posguerra propúxose o maior desafío imaxinable, pero a súa ambición arrastrouno por un camiño sinistro cuxas consecuencias debe pagar alguén aínda hoxe.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Principais: Óscar Drai, Marina Blau
- Secundarios: Germán Blau, Mijail Kolvenik, Eva Irinova