John Arne Riise
John Arne Riise | |||
---|---|---|---|
John Arne Riise en 2009 | |||
Información persoal | |||
Nome | John Arne Warne Semundseth Riise | ||
Nacemento | 24 de setembro de 1980 | ||
Lugar de nacemento | Molde | ||
Altura | 1.85 | ||
Posición | lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Chennaiyin F.C. | ||
Carreira xuvenil | |||
1996 | Aalesund | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1996–1998 | Aalesund | 25 | (5) |
1998–2001 | Monaco | 44 | (4) |
2001–2008 | Liverpool | 234 | (21) |
2008–2011 | Roma | 99 | (7) |
2011–2014 | Fulham | 87 | (0) |
2014–2015 | APOEL | 25 | (4) |
2015–2016 | Delhi Dynamos | 15 | (1) |
2016 | Aalesund | 10 | (0) |
2016 | Chennaiyin FC | 0 | (0) |
Total | 539 | (42) | |
Selección nacional | |||
1996 | Noruega sub-15 | 9 | (2) |
1997 | Noruega sub-16 | 5 | (2) |
1997 | Noruega sub-17 | 2 | (0) |
1998 | Noruega sub-18 | 4 | (0) |
1999 | Noruega sub-19 | 1 | (0) |
1998–2000 | Noruega sub-21 | 17 | (2) |
2000–2013 | Noruega | 110 | (16) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
John Arne Semundseth Riise, nado en Molde o 24 de setembro de 1980, é un futbolista profesional noruegués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Riise empezou a súa carreira profesional no Aalesund, e tras unha tempada no club marchou en 1998 ao Mónaco. Foi un compoñente regular no equipo que gañou a Ligue 1 na tempada 1999-2000. Vendido ao Liverpool por 4 millóns de £ no verán de 2001.
Liverpool
[editar | editar a fonte]Fixo o seu debut co Liverpool o 24 de agosto de 2001 na Supercopa de Europa de 2001 contra o FC Bayern München no estadio Lois II nun encontro que gañou o seu novo equipo por 3-2.[1] Durante a tempada marcou goles decisivos contra o Arsenal, Everton, Newcastle United e Manchester United, en total foron dez os goles na súa primeira tempada co Liverpool.
Nas tempadas 2002-03 e 2003-04 tivo unha pobre actuación pero recobrou a súa forma na 2004-05 logo do nomeamento de Rafael Benítez como adestrador. Co seu equipo gañou a Liga de Campións da UEFA, proporcionando o asistencia do primeiro gol do Liverpool na final contra o Milan. Na final da Football League Cup de 2005 marcou no primeiro minuto do xogo, así e todo venceu finalmente o Chelsea por 3-2 despois dunha prórroga. Riise axudou a gañar a FA Cup de 2005-2006 marcando na semifinal contra o Chelsea e convertendo un penalti na final contra o West Ham.
Roma
[editar | editar a fonte]Ao longo da tempada 2007-08 a posición natural de Riise ocupouna a miúdo o brasileiro Fábio Aurélio.[2] E o 18 de xuño de 2008 Riise firmou por catro anos coa Roma. Riise converteuse axiña no favorito dos seareiros polo seu espírito de traballo duro que conduciu ao equipo a varias vitorias importantes.
Fulham
[editar | editar a fonte]O 13 de xullo de 2011 o Fulham anunciou que Riise firmara por tres anos co club.[3] Riise xuntouse co seu irmán, Bjørn Helge Riise, que se incorporara ao club en 2009.[4] Riise debutou co Fulham o o 21 de xullo de 2011, na UEFA Europa League contra os Crusaders en Craven Cottage.
APOEL
[editar | editar a fonte]O 1 de setembro de 2014 Riise firmou por un ano con opción a outro máis co APOEL chipriota[5] Fixo o seu debut oficial o 20 de setembro de 2014 cunha vitoria 3-1 contra o Ayia Napa.[6] O seu primeiro gol para o seu novo equipo marcouno o 11 de xaneiro de 2015, abrindo o marcador nunha derrota 1-2 contra o AEL Limassol.[7] O 24 de maio de 2015, APOEL asegurou a súa terceira liga chipriota consecutiva logo de derrotar o Ermis Aradippou 4-2, e Riise celebrou o seu segundo trofeo dun campionato de liga da súa carreira, 15 anos despois de gañar a liga francesa co Mónaco.[8]
Delhi Dynamos
[editar | editar a fonte]O 24 de agosto de 2015, entrou na Superliga da India, da man do Delhi Dynamos.[9]
Aalesund
[editar | editar a fonte]O de 11 de marzo de 2016 Riise anunciou na súa páxina de Twitter a súa firma co Aalesunds FK, no que sería a volta ao club no que empezara a súa carreira pero non chegou a xogar co equipo ao anunciar a súa retirada temporal do fútbol profesional por unha perda de motivación.
Chennaiyin F.C.
[editar | editar a fonte]O 18 de agosto de 2016, Riise volveu do seu retiro para xogar co Chennaiyin FC.[10]
Carreira internacional
[editar | editar a fonte]Riise debutou coa seleción de Noruega nun encontro contra Islandia o 31 de xaneiro de 2000. O seu primeiro gol foi contra Turquía nun partido amigable o 23 de febreiro de 2000, no que o seu equipo venceu por 2-0. Participou na Eurocopa de 2000 pero como reserva, sen chegar a xogar. O 15 de agosto de 2012 xogou o seu 104.º[11] partido coa selección norueguesa igualando a marca de Thorbjørn Svenssen como xogador máis convocado. Antes de retirarse do fútbol internacional en 2013 superou a marca con 110 encontros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Liverpool sink Bayern" BBC, 24 de agosto de 2001.
- ↑ Reds pay tribute to exiting Riise BBC, 19 de xuño de 2008
- ↑ "Riise Signs" fulhamfc.com, 13 de xullo de 2011
- ↑ "B H Riise Signs" fulhamfc.com, 22 de xullo de 2009].
- ↑ "Σύναψη Συμφωνίας με John Anre Riise" Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine. apoelfc.com (en grego), 1 de setembro de 2014
- ↑ Α.Ο. ΑΓΙΑΣ ΝΑΠΑΣ 1-3 ΑΠΟΕΛ[A.O. Agia Napa 1-3 APOEL] Arquivado 27 de setembro de 2014 en Wayback Machine. apoelfc.com (en grego).
- ↑ "ΑΕΛ 2-1 ΑΠΟΕΛ" Arquivado 12 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. apoelfc.com (en grego).
- ↑ "APOEL secure league to wrap up Cypriot double" UEFA.com, 24 de maio de 2015.
- ↑ "Delhi Dynamos confirm the signing of John Arne Riise for the Indian Super League". sportskeeda.com. 25 August 2015
- ↑ Chennaiyin FC sign John Arne Riise as marquee player The Indian Express, 18 de agosto de 2016
- ↑ "– Ikke lett å oppnå 104 landskamper" NRK, 15 de agosto de 2012
- Nados en 1980
- Xogadores do AS Roma
- Xogadores do APOEL FC
- Xogadores do AS Monaco FC
- Xogadores do Delhi Dynamos FC
- Xogadores do Fulham FC
- Xogadores do Liverpool FC
- Xogadores da selección de fútbol de Noruega
- Nados no condado de Møre og Romsdal
- Xogadores do Aalesunds FK
- Xogadores do Chennaiyin FC
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA