Gran Premio de Alemaña de 1974
Nome oficial | XXXVI German Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974 |
Distancia do evento | 14 |
Localización e Datas | |
Localización | Nürburgring (Adenau) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475Coordenadas: 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 |
Lonxitude | 5,148 km |
País | Alemaña |
Data | 4 de agosto de 1974 |
Competición | |
Primeiro posto | Clay Regazzoni |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Jody Scheckter |
O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1974 (formalmente o XXXVI Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 4 de agosto de 1974. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a 11º rolda da tempada de Fórmula Un de 1974.
Foi o 36º Gran Premio de Alemaña e a 33ª vez que se celebraba no complexo de circuítos de Nürburgring. A carreira foi gañada polo piloto suízo Clay Regazzoni pilotando un Ferrari 312B3. Regazzoni liderou cada volta no camiño á súa segunda vitoria nun Gran Premio, catro anos logo da súa primeira vitoria no Gran Premio de Italia de 1970. O piloto de Suráfrica Jody Scheckter foi segundo pilotando un Tyrrell 007 por diante do arxentino Carlos Reutemann (Brabham BT44).
Desde a carreira de 1973 a recta principal fora ensanchada e reasfaltada. En resposta ás novas regulacións da FIA que indicaban que todas as carreiras da FIA por mandato debían ter muros de seguridade, os organizadores substituíron os arbustos que bordeaban a recta por barreiras Armco e colocaron unha superficie de area a ambos os dous lados da recta. A vitoria de Regazzoni, xunto co accidente de Niki Lauda na primeira volta permitiu ao piloto suízo de Ferrari volver a liderar o campionato. Lauda estrelou o seu Ferrari 312B3 ó intentar pasar a Scheckter. Emerson Fittipaldi tivo tamén unha retirada anticipada logo de facer unha saída moi lenta no seu McLaren M23 e foi golpeado polo seu compañeiro de equipo Denny Hulme retirándose os dous coches. Hulme tratou de reiniciar a carreira nun coche de reposto e foi descualificado por iso. Mike Hailwood foi outro dos que chocou, tivo un grande accidente na penúltima volta en Pflanzgarten no seu McLaren M23. O ex motociclista rompeu unha perna no accidente, lesión que significou o final da súa carreira. Caeron choivas ocasionalmente durante a carreira, o que contribuíu a alta cifra de accidentes, que tamén sufriron Patrick Depailler (Tyrrell 007), Jacques Laffite (Williams FW02) e John Watson (Brabham BT44). Só 14 coches terminaron a carreira, aínda que Hailwood tamén se clasificaría como unha unidade que finalizou, dos 26 titulares. Había seis coches que non puideron cualificar como Chris Amon (Amon AF101), que se retiraron debido á problemas físicos.
Howden Ganley tamén sufriu un grave accidente durante os adestramentos do venres. A suspensión traseira fallou no Maki en Hatzenbach e saíuse á dereita contra as barreiras Armco, arrincando a parte dianteira do coche. As pernas de Ganley colgaban da parte frontal do coche. Arranxoullas para saír por si mesmo, pero estomballouse ao chegar á cerca, cos nocellos feridos de gravidade. Isto levou á retirada de Ganley da Fórmula 1.
Regazzoni logrou sacar tres puntos de vantaxe no campionato sobre Scheckter. O ex líder do campionato Lauda baixou ao terceiro posto, seis puntos por detrás do seu compañeiro de equipo de Ferrari, e só un por diante de Fittipaldi. Ferrari acadou oito puntos de vantaxe sobre McLaren no campionato de construtores.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | Ferrari | 14 | 1:41:35.0 | 2 | 9 | |
2 | 3 | Tyrrell-Ford | 14 | + 50.7 | 4 | 6 | |
3 | 7 | Brabham-Ford | 14 | + 1:23.3 | 6 | 4 | |
4 | 1 | Lotus-Ford | 14 | + 1:24.2 | 8 | 3 | |
5 | 2 | Lotus-Ford | 14 | + 1:25.0 | 9 | 2 | |
6 | 16 | Shadow-Ford | 14 | + 2:18.1 | 11 | 1 | |
7 | 9 | March-Ford | 14 | + 2:58.7 | 20 | ||
8 | 17 | Shadow-Ford | 14 | + 3:25.9 | 18 | ||
9 | 26 | Lola-Ford | 14 | + 3:26.4 | 19 | ||
10 | 15 | BRM | 14 | + 4:17.7 | 24 | ||
11 | 18 | Surtees-Ford | 14 | + 5:17.7 | 25 | ||
12 | 8 | Brabham-Ford | 14 | + 6:26.3 | 17 | ||
13 | 10 | March-Ford | 14 | + 8:43.1 | 23 | ||
14 | 32 | Token-Ford | 13 | + 1 volta | 20 | ||
15 | 33 | McLaren-Ford | 12 | Accidente | 12 | ||
Ret | 19 | Surtees-Ford | 10 | Motor | 13 | ||
Ret | 24 | Hesketh-Ford | 10 | Caixa de cambios | 10 | ||
Ret | 4 | Tyrrell-Ford | 5 | Accidente | 5 | ||
Ret | 20 | Iso Marlboro-Ford | 5 | Acelerador | 16 | ||
Ret | 14 | BRM | 4 | Sistema combustible | 15 | ||
Ret | 22 | Ensign-Ford | 4 | Caixa de cambios | 22 | ||
Ret | 5 | McLaren-Ford | 2 | Suspensión | 3 | ||
Ret | 21 | Iso Marlboro-Ford | 2 | Suspensión | 21 | ||
Ret | 28 | Brabham-Ford | 1 | Suspensión | 14 | ||
Ret | 12 | Ferrari | 0 | Accidente | 1 | ||
Ret | 6 | McLaren-Ford | 0 | Accidente | 7 | ||
NSC | 37 | BRM | |||||
NSC | 23 | Trojan-Ford | |||||
NSC | 27 | Lola-Ford | |||||
NSC | 30 | Amon-Ford | |||||
NSc | 30 | Amon-Ford | |||||
NSC | 25 | Maki-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1974 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1974 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1974 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1973 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1975 |
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1974 |