(Go: >> BACK << -|- >> HOME <<)

Saltar ao contido

Docetismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de xullo de 2018 ás 18:24 por Corribot (conversa | contribucións) (→‎top: +control autoridades using AWB)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O docetismo era unha doutrina herética aparecida a finais do século I no seo da Igrexa católica. Afirmaba que Xesucristo tivera unha imaxe aparente e polo tanto non corpórea ou real. A xustificación era que a materia é algo intrinsecamente malo, polo que Xesucristo só podía ter un corpo aparente. Esta doutrina polo tanto é contraria á Encarnación e á Resurrección de Cristo. Deu lugar a grandes polémicas no cristianismo primitivo e foi combatida xa dende entón por figuras sobranceiras como Ignacio de Antioquía. Os gnósticos eran docetas.

Parte da herexía dos cátaros era docética. Esta herexía rematou coa Cruzada Albinxense.

O Corán afirma que a crucifixión de Xesús de Nazaret só foi un espellismo. Para o islam un profeta tan excelso non podía morrer na cruz.