(Go: >> BACK << -|- >> HOME <<)

Oscar Wilde

Revisión feita o 4 de febreiro de 2013 ás 13:40 por Sz-iwbot (conversa | contribucións) (bot Eliminado: diq:Oscar Wilde)

Oscar Wilde, nado o 16 de outubro de 1854 en Dublín e finado o 30 de novembro de 1900 en París, foi un escritor irlandés.

Oscar Wilde

Traxectoria

Escribiu unha serie de comedias levemente irónicas, entre estas Unha muller sen importancia, O Leque de Lady Windernere, A importancia de ser serio. Os seus contos como O príncipe feliz, O rouxinol e a rosa son dunha beleza incalculábel. Entre os romances, destacan O retrato de Dorian Gray e O crime de Lord Artur Saville. A súa lírica alcanza grande profundidade na Balada do cárcere de Reading e no fragmento De profundis.

En maio de 1895, após tres polémicos xulgamentos, foi condenado a dous anos de prisión, con traballos forzados, por "cometer actos inmorais con diversos rapaces". As condicións da prisión na Inglaterra eran extremamente crueis. Wilde escribiu unha denuncia longa e mordaz contra un rapaz chamado Bosie, publicada no libro De profundis, acusándoo de telo arruinado. Bosie era o apelido dun dos seus amantes. Foi o pai de Bosie quen levou a Oscar Wilde ao tribunal.

Obras

 
Estatua de Oscar Wilde situada en Dublín (Irlanda)

Poesía

Teatro

Prosa

Contos