(Go: >> BACK << -|- >> HOME <<)

Río Umia

curso fluvial galego

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Río Umia
Encoro da Baxe no río Umia dende Paradivas. Caldas de Reis.
PaísGalicia Galicia
NacementoAciveiro (Forcarei)
DesembocaduraRía de Arousa na Ponte da Barca (Cambados)

Características

editar

O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

Etimoloxía

editar

Umia < *u̯h1-m-i̯a, viría da raíz hidronímica prelatina indoeuropea *u̯h1-m (auga)̯̯ cfr. lat. ūmeō <*u̯h1-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Uma, Río Mao, Acea de Ama etc).[1]

Galería de imaxes

editar
Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Umia
  1. Navaza, Gonzalo (2004). Universidade da Coruña, eds. "Os topónimos Acea de Ama e O Xurés". Revista Galega de Filoloxía 5: 141–162. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar