(Go: >> BACK << -|- >> HOME <<)

Saltar ao contido

Padua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: kk:Падуя
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: th:ปาโดวา
Liña 95: Liña 95:
[[sv:Padua]]
[[sv:Padua]]
[[sw:Padova]]
[[sw:Padova]]
[[th:แพดัว]]
[[th:ปาโดวา]]
[[tl:Lungsod ng Padua]]
[[tl:Lungsod ng Padua]]
[[tr:Padova]]
[[tr:Padova]]

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2012 ás 03:02

A cidade de Padua (en latín Patavium, en italiano Padova, en véneto Padoa) é o centro económico e de comunicacións da rexión do Véneto, no norte de Italia. É asi mesmo a capital da provincia homónima, sobre o río Bacchiglione, a 40 km ao oeste de Venecia e a 29 km no sueste de Vicenza, cunha poboación de 211.985, en 2004.

A comuna de Padua esténdese por unha área de 92 km²2 e ten límites cos concellos de Abano Terme, Albignasego, Cadoneghe, Legnaro, Limena, Noventa Padovana, Ponte San Nicolò, Rubano, Saonara, Selvazzano Dentro, Vigodarzere, Vigonovo, Vigonza e Villafranca Padovana.

Padua é unha cidade cunha vinculación moi importante coa vida universitaria, dado que un terzo da súa poboación é estudante. A universidade, fundada en 1222, é unha das mes antigas de Europa e do mundo. Entre os seus profesores máis celebras destacan Galileo e William Harvey.

Monumentos

En Padua hai moitos monumentos e lugares de interese artística. Entre eles destacan Prato della Valle, praza de época napoleónica coñecida pola súa amplitude, e a capela dos Scrovegni, polos frescos de Giotto, que constitúe unha das obras máis importantes deste pintor. Ademais, resultan agradables para una visita: a Basílica de San Antonio, patrón da cidade; o Palazzo della Ragione, sede do Goberno da cidade na Idade Media, que separa a Piazza delle Erbe (praza das Herbas) da Piazza della Frutta (praza da Froita); a igrxa dos Eremitani; o Palazzo Moroni, actual localización da casa do concello e a catedral.

Universidade

Padua é famosa, tamén, pola súa universidade, unha das máis antigas de Europa e do mundo. Fundouse en 1222 e nas súas aulas ensinaron científicos tan célebres como Galileo ou William Harvey. Actualmente conta con máis de 60.000 estudantes.

Curiosidades

Padua é coñecida por ser a cidade dos "tres sen":

  • "O santo sen nome", porque San Antonio, do cal é tradicionalmente popular a súa devoción, é comúnmente chamado "O Santo" por antonomasia, con especial referencia á Basílica homónima;
  • "O café sen portas", porque o monumental "Café Pedrocchi", histórico local da cidade, estaba antigamente aberto todo o día, tódolos días;
  • "O prado sen herba", porque o "Prato della Valle", espectacular "praza", a máis grande de Europa según algúns, estaba en realidade até finais do século XVIII, tempo no cal foi remodelada seguindo as pautas de Andrea Memmo para tomar a súa fisionomía actual, desprovista de herba.

Persoas famosas

Véxase tamén