José Chiarroni Pazos: Diferenzas entre revisións
formato |
|||
(Non se amosan 11 revisións feitas por 7 usuarios.) | |||
Liña 55: | Liña 55: | ||
O [[14 de setembro]] de [[1923]] celebrouse o encontro de presentación do Celta entre un equipo A e B formado con xogadores do club, porén tanto Chiarroni coma [[Ramón González Figueroa|Ramón González]] ausentaronse do mesmo. |
O [[14 de setembro]] de [[1923]] celebrouse o encontro de presentación do Celta entre un equipo A e B formado con xogadores do club, porén tanto Chiarroni coma [[Ramón González Figueroa|Ramón González]] ausentaronse do mesmo. |
||
Tras o nacemento do Celta, os xogadores do Vigo Sporting [[Luis Otero Sánchez|Otero]], |
Tras o nacemento do Celta, os xogadores do Vigo Sporting [[Luis Otero Sánchez|Otero]], Chiarroni e [[Ramón González Figueroa|Ramón González]] abandonaron o club e ficharon polo [[Deportivo da Coruña]]. O feito foi considerado unha afronta para o club vigués e sería un dos detonantes da [[Derbi entre Celta e Deportivo|histórica rivalidade]] co equipo coruñés. As protestas do Celta, que acusaron o Deportivo de ter subornado aos xogadores vigueses, levaron a [[Real Federación Galega de Fútbol|Federación Galega]] a inhabilitar os tres futbolistas tránsfugas, acusándoos de profesionalismo, mentres que o Deportivo foi descualificado do [[Campionato de Galicia de fútbol|Campionato de Galicia]].<ref>{{cita web |título=Ecos deportivos. El pleito del día |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1143413&presentacion=pagina&posicion=6 |obra=Galicia: diario de Vigo nº 384 |data=25 de outubro de 1923 |páxina=6 |lingua=es |data-acceso=22 de xaneiro de 2021 }}</ref> Porén, o Deportivo recorreu ante a [[Real Federación Española de Fútbol]], a cal se pronunciou en favor dos herculinos e anulou a sanción contra o club por entender que non existira suborno, instando á FGF a que readmitise o Deportivo no campionato, aínda que si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas.<ref>{{cita web |título=El pleito Federación-Deportivo. Texto integro del fallo de la Federación Española |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1083975&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=El Ideal Gallego nº 1.952 |data=23 de decembro de 1923 |páxina=3 }}</ref><ref>{{cita web |título=Ecos deportivos. Un fallo de la nacional |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1143552&presentacion=pagina&posicion=6 |obra=Galicia: diario de Vigo nº 437 |data=26 de decembro de 1923 |páxina=6 |lingua=es }}</ref> A FGF enviou un escrito de protesta á RFEF, mais esta reafirmouse na súa decisión,<ref>{{cita web |título=Ecos deportivos. El pleito gallego. Fallo de la nacional |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1143110&presentacion=pagina&posicion=6 |obra=Galicia: diario de Vigo nº 461 |data=23 de xaneiro de 1924 |páxina=6 |data-acceso=22 de xaneiro de 2021 }}</ref> polo que a FGF convocou unha asemblea extraordinaria<ref>{{cita web |título=Federación gallega. Nota oficial |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1143174&presentacion=pagina&posicion=6 |obra=Galicia: diario de Vigo nº 469 |data=1 de febreiro de 1924 |páxina=6 }}</ref> na que acordou por maioría aceptar o veredicto da RFEF.<ref>{{cita web |título=Deportes. Asamblea de la Federación Gallega |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1084017&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=El Ideal Gallego nº 1.993 |data=12 de febreiro de 1924 |páxina=3 |data-acceso=22 de xaneiro de 2021 }}</ref> |
||
Co Celta só disputou encontros amigábeis, coma o realizado no verán de 1924 ante a [[Selección de fútbol |
Co Celta só disputou encontros amigábeis, coma o realizado no verán de 1924 ante a [[Selección de fútbol do Uruguai]] que se atopaba de camiño aos [[Xogos Olímpicos de 1924|Xogos Olímpicos París 1924]], dos cales se proclamarían campións. |
||
En 1924 pasou a formar parte oficialmente do equipo do Deportivo da Coruña, onde permaneceu ata 1929, proclamándose [[Campionato de Galicia de fútbol|campión de galicia]] en dúas ocasións. |
En 1924 pasou a formar parte oficialmente do equipo do Deportivo da Coruña, onde permaneceu ata 1929, proclamándose [[Campionato de Galicia de fútbol|campión de galicia]] en dúas ocasións. |
||
Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador do [[Betanzos CF]]. |
Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador do [[Betanzos CF]]. |
||
⚫ | |||
=== Coa selección de fútbol === |
=== Coa selección de fútbol === |
||
O [[19 de novembro]] de [[1922]] formou parte do primeiro encontro da [[Selección de fútbol de Galicia]] ante Castela, cun 4-1 como resultado final. Posteriormente foi convocado noutras catro ocasións. |
O [[19 de novembro]] de [[1922]] formou parte do primeiro encontro da [[Selección de fútbol de Galicia]] ante Castela, cun 4-1 como resultado final. Posteriormente foi convocado noutras catro ocasións. |
||
==Vida persoal== |
|||
⚫ | |||
{{cómpre referencia|Foi tío avó dos tamén futbolistas [[Roberto Chiarroni Pérez|Roberto]] e [[Carlos Chiarroni Pérez]].}} |
|||
== Notas == |
== Notas == |
||
Liña 77: | Liña 77: | ||
*{{cita web|url=http://www.yojugueenelcelta.com/2012/04/chiarroni.html|título=José Chiarroni|páxina-web=Yo jugué en el Celta|autor=Berto V. T.|data=15 de abril de 2012|lingua=es}} |
*{{cita web|url=http://www.yojugueenelcelta.com/2012/04/chiarroni.html|título=José Chiarroni|páxina-web=Yo jugué en el Celta|autor=Berto V. T.|data=15 de abril de 2012|lingua=es}} |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
{{Primeiro derbi}} |
|||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
Liña 83: | Liña 86: | ||
[[Categoría:Finados en 1944]] |
[[Categoría:Finados en 1944]] |
||
[[Categoría:Nados en Vigo]] |
[[Categoría:Nados en Vigo]] |
||
[[Categoría:Futbolistas |
[[Categoría:Futbolistas de Vigo]] |
||
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]] |
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]] |
||
[[Categoría:Xogadores do Real Vigo Sporting Club]] |
[[Categoría:Xogadores do Real Vigo Sporting Club]] |
Revisión actual feita o 27 de xaneiro de 2023 ás 15:50
Chiarroni | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Chiarroni Pazos | ||
Nacemento | 6 de xaneiro de 1898 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Falecemento | 10 de marzo de 1944 | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1914-1923 | Vigo Sporting | ||
1923-1924 | Celta de Vigo | ||
1924-1929 | Deportivo da Coruña | ||
Selección nacional | |||
Selección de fútbol de Galicia | 5 | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Chiarroni Pazos, nado o 6 de xaneiro de 1898 en Vigo e finado o 10 de marzo de 1944 foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro centro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar no Real Vigo Sporting Club no ano 1914 e permaneceu no club ata a fusión deste co Fortuna de Vigo en 1923, pasando a formar parte do equipo do club resultante, o Celta de Vigo. Co Sporting proclamouse campión do Campionato galego en cinco ocasións.
O 14 de setembro de 1923 celebrouse o encontro de presentación do Celta entre un equipo A e B formado con xogadores do club, porén tanto Chiarroni coma Ramón González ausentaronse do mesmo.
Tras o nacemento do Celta, os xogadores do Vigo Sporting Otero, Chiarroni e Ramón González abandonaron o club e ficharon polo Deportivo da Coruña. O feito foi considerado unha afronta para o club vigués e sería un dos detonantes da histórica rivalidade co equipo coruñés. As protestas do Celta, que acusaron o Deportivo de ter subornado aos xogadores vigueses, levaron a Federación Galega a inhabilitar os tres futbolistas tránsfugas, acusándoos de profesionalismo, mentres que o Deportivo foi descualificado do Campionato de Galicia.[1] Porén, o Deportivo recorreu ante a Real Federación Española de Fútbol, a cal se pronunciou en favor dos herculinos e anulou a sanción contra o club por entender que non existira suborno, instando á FGF a que readmitise o Deportivo no campionato, aínda que si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas.[2][3] A FGF enviou un escrito de protesta á RFEF, mais esta reafirmouse na súa decisión,[4] polo que a FGF convocou unha asemblea extraordinaria[5] na que acordou por maioría aceptar o veredicto da RFEF.[6]
Co Celta só disputou encontros amigábeis, coma o realizado no verán de 1924 ante a Selección de fútbol do Uruguai que se atopaba de camiño aos Xogos Olímpicos París 1924, dos cales se proclamarían campións.
En 1924 pasou a formar parte oficialmente do equipo do Deportivo da Coruña, onde permaneceu ata 1929, proclamándose campión de galicia en dúas ocasións.
Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador do Betanzos CF.
Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]
O 19 de novembro de 1922 formou parte do primeiro encontro da Selección de fútbol de Galicia ante Castela, cun 4-1 como resultado final. Posteriormente foi convocado noutras catro ocasións.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi tío avó dos tamén futbolistas Roberto e Carlos Chiarroni Pérez.[Cómpre referencia]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ecos deportivos. El pleito del día". Galicia: diario de Vigo nº 384 (en castelán). 25 de outubro de 1923. p. 6. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El pleito Federación-Deportivo. Texto integro del fallo de la Federación Española". El Ideal Gallego nº 1.952. 23 de decembro de 1923. p. 3.
- ↑ "Ecos deportivos. Un fallo de la nacional". Galicia: diario de Vigo nº 437 (en castelán). 26 de decembro de 1923. p. 6.
- ↑ "Ecos deportivos. El pleito gallego. Fallo de la nacional". Galicia: diario de Vigo nº 461. 23 de xaneiro de 1924. p. 6. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Federación gallega. Nota oficial". Galicia: diario de Vigo nº 469. 1 de febreiro de 1924. p. 6.
- ↑ "Deportes. Asamblea de la Federación Gallega". El Ideal Gallego nº 1.993. 12 de febreiro de 1924. p. 3. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Berto V. T. (15 de abril de 2012). "José Chiarroni". Yo jugué en el Celta (en castelán).
- Nados en 1898
- Finados en 1944
- Nados en Vigo
- Futbolistas de Vigo
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Vigo Sporting Club
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Betanzos CF