(Go: >> BACK << -|- >> HOME <<)

Saltar ao contido

Guinea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios using AWB
m Bot: Substitución automática de texto (-fundación_hitos +fundación_fitos)
Liña 22: Liña 22:
| dirixentes_nomes = [[Alpha Condé]] <br />[[Mohamed Said Fofana]]
| dirixentes_nomes = [[Alpha Condé]] <br />[[Mohamed Said Fofana]]
| fundación = [[Independencia]]
| fundación = [[Independencia]]
| fundación_hitos = - data
| fundación_fitos = - data
| fundación_datas = de [[Francia]] <br /> [[2 de outubro]] de [[1958]]
| fundación_datas = de [[Francia]] <br /> [[2 de outubro]] de [[1958]]
| superficie = 245.857
| superficie = 245.857

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2016 ás 19:29

Modelo:País Guinea,[1] oficialmente República de Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado a norte pola Guinea-Bissau e polo Senegal, a norte e leste polo Mali, a leste pola Costa do Marfil, a sur pola Liberia e pola Serra Leoa e a oeste polo Océano Atlántico. A súa capital é Conacri.

Historia

En parte do que é agora Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles o Imperio de Malí creado por Sundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso, Soumaoro Kanté na batalla de Kirina en 1235, coa cal terminou o Imperio Sosso.

O Imperio de Malí comprendía partes do área norte de Guinea que foi gobernada por mansa (emperadores). O máis famoso foi Kankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara a A Meca en 1324. O Imperio de Malí caeu presa dos invasores almorávidas que viñan do norte de África, que estableceu o Imperio Songhai, o cal caeu a mans dos marroquís en 1591.

Os musulmáns Fulani migraron a Fouta Djalon en Guinea Central e estableceron un estado islámico de 1735 ata 1898 cunha constitución escrita e gobernadores alternados.

Os aventureiros europeos comezaron o comercio de escravos na rexión costeira de Guinea desde o século XVI ata o século XIX.

A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en 1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital, Conakry, foi fundada na illa Tombo en 1890. En 1895 o país incorporouse ao África Occidental Francesa.

Independente de Francia desde 1958, Guinea non tivo eleccións democráticas ata 1993, cando o xeneral Lansana Conté (xefe do goberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en 1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en 1999 polo seu encarceramento dun principal líder da oposición e o extenso malestar económico. As desordes en Serra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade de Guinea.

En 2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poder Moussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro a Cellou Dalein Diallo.

Xeografía

Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:

Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.

Hidrografía e orografía

Guinée

O país ten 320 km de costa, na que con frecuencia medran manglares. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen na Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan o Níxer, o Senegal e o Gambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo con Costa do Marfil e Liberia, érguese a maior elevación do país o Monte Nimba, con 1.764 metros.

Economía

Véxase: Economía de Guinea.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.